sábado, 23 de febrero de 2013

FESTA INVERNAL


A fervenza resoa tralos casoupos de ópera cómica. Unha ringleira de xírandolas prolonga, nos hortos e nas alamedas lindeiras co Meandro; - os verdes e os vermellos do solpor. Ninfas de Horacio peiteadas ó estilo Primeiro Imperio, - Siberianas cotrolas, Chinesas de Boucher.


O poema é das Iluminacións de Arthur Rimbaud, tradución de Xoán Abeleira, e a ilustración é de Ati Forberg.