domingo, 28 de octubre de 2012

LINDE E CRISTAL ESCURO



LINDE é un espazo simbólico no que a palabra procura unha última fronteira.

Sobre os poemas de CRISTAL ESCURO, libro de poemas editado por Libros da Frouma, creouse esta instalación que materializa a poesía fóra do papel.
Na peza colaboraron Mónica de Nut no espazo sonoro, Jesús Andrés Tejada cos visuais e Patricia Blanco e Mónica Maneiro na montaxe.

CRISTAL ESCURO é unha viaxe por territorios imaxinarios; tamén unha meditación sobre o tempo, e sobre eses espazos interiores que percorremos ata achar unha fronteira que nos sostén e sobre a que edificamos a viaxe.


Quería presentar o libro cunha peza que abrise eses territorios e permitise albiscar a fronteira. Quería trasladar ese “tempo elástico” fóra do libro, e así, arredor desa idea, creouse LINDE.
Un libro ou unha peza sempre son un traballo conxunto. Toda creación é un proceso colectivo.
Agardo que descubrades algunhas das sorpresas inesperadas que atopei nesa viaxe luminosa que é CRISTAL ESCURO.


Última fronteira
A luz que
nos une
e separa


CRISTAL ESCURO e LINDE presentáronse o 18/10/2012 na Galería SCQ en Santiago de Compostela. As fotos son de Mónica de Nut.