domingo, 31 de julio de 2011

OS CASTIÑEIROS E A TERRA










19 CASTIÑEIROS MORTOS


Sobre o monumento ás vítimas do masacre

del Eldorado dos Carajás

Non dan castañas

como a cantrocha do fusil da balas.


Pero dan posesión da terra:

¿se non invadimos o pasado

como diremos que é noso?


O eido movedizo, o prado do vento,

onde medra a herba do dano…


¿Eldorado? Un día quizais do Carajás


Polo que non dan sombra,

só para arrepiar a paisaxe.


Non dan sosego ó chan onde están

os trocos soterrados.

o poema é do brasileiro Sérgio Alcides

e a Onda, Noite de Georgia O´Keeffe

miércoles, 27 de julio de 2011

O INTRE

















Para poñer por escrito todo o que conteño neste intre
baleiraría o deserto a través dun reloxo de area,
o mar a través de una clepsidra,
gota a gota e gran a gran
ós impenetrables, inmensurables mares e areas liberados.

Porque os días e as noites da terra demóucanse sobre min
as mareas e as areas atravésanme,
e eu só teño dúas maos e un cor para reter o deserto e o mar.

Se fuxe e me esquiva, ¿que podo conter?
As mareas arrásanme
o deserto deslízase baixo os meus pés

os "Outeiros Vermellos" son de Georgia O´Keeffe
e os versos de Kathleen Raine

lunes, 25 de julio de 2011

KATHLEEN RAINE


Presenzas vivas
potestades, anxos
como se lles chamou un día.
Agora, sen nome, reclaman eles, e só din
"Conténtate, existe a alegría",
e este tenue mundo
non está lonxe
de onde estamos.

os versos de Raine e a imaxe de O ceo sobre Berlín

jueves, 21 de julio de 2011

ESPELLO CEGO


Devastáronse os recordos dos tempos antigos
dende entón a luz é artificicial
e os anxos xa só xogan cos paxaros e as flores
ou sorríen no soño dun neno

imaxe de Douglas Gordon e versos de Nelly Sachs