miércoles, 27 de abril de 2011

martes, 19 de abril de 2011

FOTOGRAMAS (IV)






Unha estela incrustada recorda
os novos aneis da acacia
que ó abrigo do nordés arquea
os dedos e percorre ríos subterráneos

viernes, 15 de abril de 2011

FOTOGRAMAS (III)






Os obxectos fetiche instalados na memoria: a conservación do recordo nos amuletos.


Atobadas as mimosas abren os meus ollos durmidos

imaxes de Esther Taboada

miércoles, 13 de abril de 2011

FOTOGRAMAS (II)





Un fotograma é cada unha das imaxes impresionadas químicamente na tira de celuloide do cinematógrafo ou da película fotográfica. Cando visualizamos no cine unha secuencia a unha frecuencia de 24 por segundo aparece o movemento: unha ilusión.
Aneis é unha curta sobre os amuletos da memoria, sobre a repetición continua dos recordos en fotogramas de películas antigas.
imaxes de Esther Taboada

lunes, 11 de abril de 2011

FOTOGRAMAS (I)





Nuns antigos estudios esquecidos
polos cristais das fiestras atopei
o meu corpo sen cor
na cámara de cinema

imaxes de Esther Taboada

sábado, 2 de abril de 2011

A MECÁNICA DOS ANEIS

Borsalino de Emérita Mendez

A danza coma forma pensamento. En
Aneis atópanse os recordos cos movementos e os obxectos cinguidos nas palabras. Hai accións que en certa forma son palabras ou que funcionan como elas dentro dos versos do poema... en Aneis intentouse "filmar" e "montar" a mecánica da memoria dun texto en movemento.


Destilada no aire
unha rama de mimosas
borda o meu vestido
entre plásticos pendurados
tinguindo as mans somnámbulas
en douradas colchas de liño